Ocio e Tempo de Lecer
Turismo e Termalismo
Aspaym-Galicia, como membro da Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos (PREDIF) vén desenvolvendo dende 1997 un PROGRAMA DE TURISMO Y TERMALISMO dende o que se organizan viaxes de varios días de duración a diferentes destinos de España e do estranxeiro, en aloxamentos e con actividades totalmente accesibles.
Voo a Vela
A Dirección Xeral de Aviación Civil, SENASA (Sociedade para as Ensinanzas Aeronáuticas Civís) e a Fundación VODAFONE, mediante o convenio subscrito con PREDIF, poñen a disposición das persoas con minusvalidez física un planador adaptado. Ademais, a Fundación VODAFONE achega unha subvención que permite aos beneficiarios voar pagando unicamente o 20 por cento do custo real do voo (nas diferentes modalidades).
Turismo Accesible
Nesta sección poderás coñecer o Programa de Turismo Accesible de PREDIF, a compañia de Viaxes Accesibles "Viaxes 2000" e a Casa de Turismo Rural Adaptado Ou Regueiro do Allo". Ademais, tambien poderás consultar diversas publicacións sobre Turismo Accesible.
Campamentos
A Federación Nacional ASPAYM xunto a ASPAYM Castela e León organiza en verán, cada ano, o Campamento ASPAYM-Fundación Vodafone España, nas instalacións del bosque de los sueños (Cubillos del Sil-León), un espazo que conta con 15 cabanas adaptadas, 5 delas domotizadas que pode albergar mozos e nenos con gran discapacidade.
Náutica Adaptada
Durante os meses de primavera e verán, Aspaym-Galicia organiza, en colaboración coa Asociación Sodinautica, paseos en barco adaptado pola Ría de Vigo. Este servizo é exclusivo e gratuíto para todos os socios de Aspaym.