Plan Esforza Verán 2018 de Fundación María José Jove
Plan Esforza Verán 2018 de Fundación María José Jove
Durante o verán, ESFORZA oferta tres actividades: Vela, Piragüismo e Axuda en Praia, cuns obxectivos iguais ao período de inverno pero cun compoñente máis lúdico e recreativo que o resto do ano.
Vela: Dende o 23 de xuño ao 12 de setembro ofértanse 6 quendas, con dous grupos de actividade en cada quenda. A duración de cada quenda é de dúas semanas, de luns a venres con horarios entre as 10:00h e as 12:30h ou entre as 12:30 e as 15:00h. A práctica da vela permite un contacto moi directo co medio e é moi indicada para persoas con calquera tipo de discapacidade grazas ás adaptacións nas embarcacións e do material utilizado.
Piragüismo: Ao igual que a vela, lévase a cabo en 6 quendas ao longo de todo o verán, desenvolvéndose tamén de luns a venres cun horario de 10:00 a 12:00h. As adaptacións do material permiten a práctica deste deporte a persoas con importantes limitacións motoras, facilitando a mellora da condición física dependendo das capacidades individuais de cada persoa, ao mesmo tempo que poden gozar do medio natural.
Axuda na Praia: Lévase a cabo en dúas quendas durante os meses de Xullo (1ª quenda) e Agosto (2ª quenda). Está orientada fundamentalmente para persoas cun grao de mobilidade máis reducida para que, con axuda de persoal técnico, poidan gozar da praia e do mar con normalidade.
Senderismo Inclusivo: Nova actividade inclusiva para personas con e sen diversidade funcional, buscando o acercamiento ao Medio natural mediante Rutas interpretadas, tanto patrimoniais como culturais e ambientais. O senderismo manten e mellora a condición física emental, de maneira saudable e distendida. Planteanse 2 rutas durante o verán, a primeira o 22 de xullo e a segunda o 26 de Agosto
Plazo aberto do 16 ao 30 de abril.
A documentación requerida debe ser entregada na sede da FMJJ no periodo de admisión de inscripcións (entre el 16 y el 30 de Abril).
As persoas que se inscriban fora deste prazo farano directamente na lista de espera dos grupos con prazas vacantes para valorar a sua admisión antes de confirmarlles a praza, se fose o caso.
MÁIS INFORMACIÓN:
Tlf: 981 160 265
Email: info@fundacionmariajosejove.org
web: www.fundacionmariajosejove.org