Programa de Turismo Accesible de PREDIF
O Programa de Turismo Accesible iniciouse en PREDIF no ano 2002. Xorde como consecuencia da reivindicación do noso colectivo do seu dereito á autonomía e á normalización tamén no ocio e turismo. O obxectivo principal deste programa é contribuír á normalización do turismo para as persoas con discapacidade. Con este fin trabállase en dous ámbitos:
1. Dirixido ao sector turístico, público e privado. Neste ámbito desenvólvense as seguintes liñas de traballo:
- Formación, cursos e seminarios sobre as características de accesibilidade e o trato a clientes con minusvalidez.
- Asesoría e información a responsables de empresas turísticas e profesionais das administracións turísticas.
- Participación en proxectos europeos sobre turismo e accesibilidade
2. Dirixido aos usuarios, aos turistas con minusvalidez.
- Información sobre destinos e establecementos accesibles.
Máis información:
Telf. 91 371 52 94 (Predif)
web: www.predif.org