Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Vuelo a Vela

Descrición do Programa

A Dirección Xeral de Aviación Civil, SENASA (Sociedade para as Ensinanzas Aeronáuticas Civís) e a Fundación VODAFONE, mediante o convenio subscrito con PREDIF, poñen a disposición das persoas con discapacidade física un planador adaptado. Ademais, a Fundación VODAFONE achega unha subvención que permite aos beneficiarios voar pagando unicamente o 20 por cento do custo real do voo (nas diferentes modalidades).

Obxectivos do Programa

Os obxectivos do programa son os seguintes:

  • Abrir un novo campo de actividades na área do ocio accesible.
  • Realizar cursos de iniciación ao voo a vela en planadores con cabina dobre e con instrutor.
  • Ofrecer a posibilidade de conseguir un título homologado para a pilotaxe de planadores.
  • Facilitar paseos aéreos experimentando a sensación do voo sen motor.

Documentación Necesaria

  • Folla de Inscrición. DESCARGAR
  • Certificado de Discapacidade (os que voan por primeira vez).
  • Xustificante bancario do pagamento efectuado.

A documentación deberá remitirse ao seguinte número de fax: 91 301 61 20, ou á dirección:

PREDIF
Avda. Doutor García Tapia 129, local 5
28030 -Madrid

Lugar onde se Imparte

Centro de SENASA en Ocaña (Toledo), Estrada Nacional IV Km. 64,200.

Actividades a Realizar e Prezos

  • Voos de divulgación en planador: Consisten nun briefing, no que se explica o manexo do veleiro, e na realización dun voo con instrutor en dobre mando, duns 20 minutos de duración. Custo: 10 €
  • Cursos de iniciación ao voo a vela: Consisten en 4 voos con instrutor en dobre mando e briefings previos. Este curso realízase nun só día. Custo: 40 €
  • Cursos para a obtención do título de piloto de voo a vela.

Máis Información

Telf. 91 371 52 94 (Predif)
web: www.predif.org

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric