Cal é a cobertura sanitaria á que teñen dereito os lesionados medulares para o tratamento da disfunción eréctil?
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia financia a totalidade do tratamento con ´Viagra ´ (citrato de sildenafilo) comercializado por Pfizer e o resto de tratamentos orais para a disfunción eréctil aos lesionados medulares da comunidade.
O trámite para o financiamento realízase a través do mecanismo de ´ Reintegro de Gastos ´ polo cal o paciente compra o medicamento na farmacia e despois coa factura e o informe médico (tan só na primeira dispensa) solicita o reintegro dese gasto na Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde correspondente. O paciente pagará o 10% do seu custo total.
No caso dos lesionados medulares con consideración de pensionista o financiamento por parte da consellería será do 100 por cento e a prescrición debe facerse por parte dos facultativos especialistas da Rede Sanitaria Pública de Galicia que estean adscritos ás Unidades de Lesionados Medulares.