Saltar a: Menu | Corpo | Pe

¿En qué consiste a tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade?

¿Como e por que crea a tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade?


As persoas con minusvalidez e problemas importantes de mobilidade áchanse nunha clara situación de desvantaxe respecto das demais persoas para realizar un gran número de actividades cotiás e, en especial, para acceder en condicións de igualdade aos espazos e servizos comunitarios e desenvolverse cunha mínima comodidade no seu medio habitual de vida, de aí a necesidade de articular mecanismos que permitan superar tales limitacións.

Cal é a regulación normativa desta?


Asumindo os postulados recollidos na Recomendación do 4 de xuño de 1998, as Comunidades Autónomas, que son as que teñen atribuída a competencia en materia de accesibilidade, viñeron aprobando diferentes disposicións reguladoras do réxime xurídico aplicable a esta tarxeta de estacionamento, o dereito dos seus titulares e o procedemento para a súa concesión.
 


Quen pode ser titulares da tarxeta?


Con carácter xeral, poderán obter a tarxeta de estacionamento as persoas que teñan recoñecida a condición de discapacitadas e, ademais, presenten importantes problemas de mobilidade, circunstancias que haberá de acreditarse a través da documentación expedida para o efecto polos organismos competentes en materia de valoración e cualificación do grao de minusvalía.
Unha vez obtida a tarxeta, o titular desta poderá utilizala en calquera vehículo en que se traslade, sexa ou non da súa propiedade e condúzao ou non. En todo caso, cando se faga uso dos dereitos que confire esta tarxeta, esta haberá de colocarse nun lugar visible do vehículo.


Que tramites hai que seguir para obtela?


A concesión da tarxeta corresponde ao Concello onde resida a persoa interesada, de aí a necesidade de comparecer nas dependencias deste para informarse acerca dos trámites que han de seguirse para o efecto.
Non obstante, con carácter xeral pode sinalarse que o expediente se iniciará por solicitude da persoa interesada ou do seu representante legal mediante o impreso normalizado que, unha vez cumprido, presentará no devandito Concello acompañando a documentación acreditativa correspondente:

  •    Impreso de solicitude específico.
  •    Dous fotografías tamaño carné.
  •    Fotocopia do DNI.
  •   Fotocopia da certificación de discapacidade do IMSERSO no que conste que teñen recoñecida a imposibilidade de   emprego do transporte público polos equipos de valoración e orientación (EVO).

 

Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos esixidos, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, teráselle por desistida da súa petición.
Unha vez presentada a solicitude, o Concello está obrigado a ditar resolución expresa sobre esta no prazo máximo establecido para iso.
Concedida a Tarxeta de Estacionamento, será presentada ao seu titular para a súa firma e, unha vez asinada, será plastificada polo Concello e entregada á persoa interesada, xunto co resumo das condicións de utilización desta nos distintos estados membros da Unión Europea.


Cal é o seu ámbito de validez?


As tarxetas concedidas polos Concellos terán validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma, sen prexuízo da súa utilización en todos os Estados membros da Unión Europea, nos termos que os respectivos Concellos comunitarios teñan establecidos en materia de ordenación e circulación de vehículos.

 

Enlace para a tramitación da tarxeta de estacionamento do Concello de La Coruña

Enlace para a tramitación da tarxeta de estacionamento do  Concello de Vigo

Solicitude da tarxeta de estacionamento do Concello de Pontevedra

Enlace para a tramitación da tarxeta de estacionamento do Concello de Santiago de Compostela

Solicitude da tarxeta de estacionamento do Concello de Lugo

Enlace da web de trámites online do Concello de Ourense

Enlace da web de trámites online do Concello de Ferrol

Enlace para a tramitación da tarxeta de estacionamento do Concello de Narón

 

 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric