Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Outra información de interese

  • Tarxeta de accesibilidade: Concédese a persoas con algunha limitación e que teñan recoñecida a minusvalía polo EVO, con carácter persoal e intransferible, como documento acreditativo da súa situación de discapacidade, para favorecer o uso e desfrute dos transportes públicos.
     
  • Bonobus: Son descontos por viaxes en transportes públicos que ofertan algúns concellos ao colectivo de persoas con discapacidade. A información encóntrase nas empresas dedicadas ao transporte público urbano do concello no que se resida.
     
  • Tarxeta dourada de RENFE: Con esta tarxeta, as persoas con discapacidade igual ou superior ao 65% terán reducións no prezo de viaxes rexionais, proximidades, AVE e longo recorrido.
     
  • Aboamento social de telefónica: É unha facilidade que ofrece telefónica ás persoas maiores de 64 ou xubiladas por incapacidade laboral absoluta que consiste nunha redución do 30% da cota de alta da liña telefónica e do 95% da cota mensual. O custo das chamadas é o mesmo que para calquera outra persoa e non existe límite de consumo.
     
  • Envíos con MRV. Plan 2000: Consiste en que calquera persoa cunha discapacidade, dispoña dun servizo gratuíto ao mes, tanto como destinatario ou receptor, sempre que presente o seu Certificado de Minusvalía. Dende e ata calquera lugar de Andorra, España, Xibraltar e Portugal.
     
  • Listado de medicamentos excluídos de financiamento público (pdf)

 

  • Subvencións para transporte en taxi adaptado (dependente de cada Concello):

Respecto ao uso do servizo do taxi por persoas con discapacidade hai que considerar dous aspectos diferentes: a utilización de vehículos especialmente adaptados para transportar persoas en cadeira de rodas; e o uso de taxis convencionais para o desprazamento, mediante subvencións que conceden as distintas Administracións.

Hai xa anos que existen subvencións para que as persoas con minusvalideces graves e escasos recursos económicos, poidan utilizar o servizo do taxi.

Os requisitos máis comunmente esixidos son:

  • Ter entre 16 e 65 anos de idade.
  • Utilizar o taxi para desprazarse a centros de formación ou de reconversión profesional, academias para aprender a conducir, centros de saúde, hospitais, etc. Se o transporte se require para asistir ao centro de traballo, será requisito ter menos de 60 anos.
  • Estar empadroado no municipio no que se solicita.
  • Ter unha discapacidade recoñecida legalmente superior ao 33% ou dificultades tales que fagan practicamente imposible o uso do transporte colectivo.
  • Non dispoñer de vehículo propio.
  • Non dispoñer duns ingresos que superen o 200% do Salario Minimo Interprofesional.

O Bono taxi solicítase, normalmente, nos Departamentos Municipais de Servizos Sociais.

O uso de taxis especialmente acondicionados é moito máis recente. Foi en 1989 cando a ONCE presentou o primeiro, bautizado como "eurotaxi". A partir de entón, e grazas á acción do IMSERSO, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Fundación ONCE, a súa presenza foise multiplicando de forma progresiva, ata o punto en que hoxe hai máis de 300 taxis accesibles, repartidos por todo o territorio nacional. (texto extraido de DISCAPNET)

 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric