Saltar a: Menu | Corpo | Pe

¿Qué é o certificado de discacidade?

Quen se encarga da súa xestión?
Consellería de Traballo e Benestar Social. A través das súas Delegacións Provinciais e os Centros Base.


Quen se ocupa de valorar o grao de discapacidade?
Os Equipos de Valoración e Orientación (EVOs) son os que realizan as actuacións específicas na Área de Diagnóstico, Valoración e Cualificación da discapacidade
A cualificación do grao de discapacidade realízase mediante baremos establecidos.
Os equipos de valoración e orientación (EVO), están formados por un/unha médic@, un/unha traballador/a social e un/unha psicólog@.


Que papeis hai que presentar para solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade e onde se entregan?
Os documentos necesarios son:
- Folla de solicitude debidamente cumprida
- Libro de familia, se é o caso
- Documento Nacional de Identidade
- Informes médicos actualizados
- Cartilla de asistencia sanitaria
- Recoñecemento homologado situacións de invalidez permanente ou discapacidade.

- LUGAR: Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de residencia, ou nas Delegacións Provinciais das Consellería de Traballo e Benestar.

- PRAZO DE PRESENTACION: Todo o ano.

 

É necesario revisar o grao de discapaciad?

O grao de discapacidade será obxecto de revisión sempre que se prevexa unha melloría razoable das circunstancias que deron lugar ao seu recoñecemento, debendo fixarse o prazo en que debe efectuarse esta revisión.

Nos demais casos, non se poderá instar a revisión do grao por agravamento ou melloría sempre que, polo menos, transcorrese un prazo mínimo de dous anos dende a data en que se ditou resolución.


Que beneficios outorga o certificado de discapacidade?

Segundo o grao de discapacidade, a lexislación permite o acceso aos seguintes beneficios:

 

  • Emprego en cooperativas e sociedades laborais de ámbito público e privado.
  • Fomento da contratación indefinida na empresa ordinaria, integración laboral en centros especiais de emprego e emprego autónomo.
  • Deducións na declaración da renda.
  • Reducións do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).
  • Redución no Imposto sobre Sucesións.
  • Deducións no Imposto de Sociedades.
  • Exención no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
  • Exención no Imposto de matriculación de vehículos.

 

  • Exención de taxas para acceder ás probas selectivas no emprego público estatal e para as probas de aptitude previas ao exercicio de profesións reguladas na Unión Europea.
  • Tarxeta Dourada de RENFE. Reducións mínimas do 25% para viaxes rexionais, proximidades, AVE e longo recorrido.
  • Descontos no prezo do transporte público que ofertan algúns concellos ao colectivo de persoas con discapacidade (BONO-BUS)
  • Tarxeta de Aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida.
  • Facilidades de acceso á vivenda.
  • Facilidades de acceso á educación.
  • Facilidades de acceso á formación ocupacional
  • Aboamento social de Telefónica. Descontos na instalación da liña telefónica (70%) e no aboamento mensual (95%) ás persoas con grao de discapacid superior ao 65%.
  • Programa de respiro familiar (Vacacións de Saúde)
  • Termalismo Social do IMSERSO
  • Familia Numerosa.

 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric