Saltar a: Menu | Corpo | Pe

¿Qué son os programas sociais?

Os programas sociais son un conxunto de servizos e recursos que foron desenvolvidos especificamente para cubrir situacións desatendidas en sectores desfavorecidos da poboación. Un dos seus fins principais é fomentar o mantemento da persoa no seu ámbito.

Descríbense brevemente as características dos programas sociais específicos no noso ámbito para persoas con minusvalidez:

- Acollemento familiar para persoas con minusvalidez: Consiste en procurar o mantemento da persoa con minusvalidez no seu medio social habitual facilitando así a súa integración e evitando o internamento en institucións cando este non sexa adecuado ou desexado. Unha persoa ou familia acolle no seu fogar a persoa con minusvalidez, percibindo a cambio unha compensación económica.

- Servizo de axuda a domicilio: Está dirixido a toda a poboación, pero ten como prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións ou minusvalideces que lles limiten a súa autonomía persoa e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico, prestándolles unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico. Para proporcionarlles a posibilidade de continuar no seu ámbito natural, mentres isto non sexa posible.

- Teleasistencia: É un servizo de atención telefónica ininterrompida cun equipamento de comunicacións e informática específicos. Permite os usuarios ante calquera situación de emerxencia e con tan só premer un botón, comunícase coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á crise presentada.

- Estanzas temporais: É a permanencia en réxime de aloxamento, manutención e atención integral nun Centro Residencial por un período de tempo predeterminado, durante o cal os usuarios destas prazas terán os mesmos dereitos e obrigas que os residentes fixos.

- Programa de asistencia integral en atención temperá de Galicia: A atención temperá é un conxunto de medidas postas ao servizo do neno que presenta trastornos ou atraso no seu desenvolvemento, nas áreas motoras, sensoriais e/ou mentais ou risco de padecelas, así como o servizo da súa familia e do seu ámbito. A finalidade é garantir e potenciar ao máximo o desenvolvemento das capacidades físicas, sensoriais e sociais dese neno dende os primeiros momentos da súa vida.

- Atención odontolóxica a pacientes especiais: Trátase dun convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o SERGAS e a Universidade de Santiago de Compostela. O acceso a este programa realízase sempre a través do odontólogo de atención primaria.

- Termalismo social do IMSERSO: É un programa que permite a estanza nun centro termal a persoas maiores e persoas con minusvalidez para que realicen tratamentos médicos no balneario necesarios debido ás súas características. As estanzas teñen unha duración de 12 días e comprenden o aloxamento e manutención, o tratamento termal e a póliza colectiva de seguro.

- Campamentos de verán: Procuran a integración social de rapaces con minusvalidez a través da súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo mediante estanzas de integración, así como a súa participación en estanzas específicas.

- Servizo galego de apoio á mobilidade (065): Trátase dun servizo de transporte público adaptado, que se puxo en marcha en Galicia no ano 2008. Ten un carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente para achegar ás persoas con minusvalidez e/ou con dependencia a programas, centros ou servizos, en condicións de máxima seguridade, cos medios necesarios e coa presenza dun monitor acompañante.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric