Saltar a: Menu | Corpo | Pe

¿Qué tipo de axudas existen para unha persoa con discapacidade?

As prestacións son axudas económicas que pretenden cubrir ou paliar diferentes necesidades específicas que poden ter as persoas con minusvalidez ou mesmo a falta de ingresos por diversas circunstancias (como viuvez ou orfandade).

A Federación Nacional ASPAYM conta cunha web específica que reune axudas, becas e ofertas sobre accesibilidade e productos de apoyo en todo o territorio español. Pode acceder directamente a ela PINCHANDO AQUÍ.

A continuación, enuméranse e describen brevemente as principais prestacións socioeconómicas vixentes no noso territorio:

- Prestacións non contributivas por invalidez: É unha prestación económica individual de carácter periódico que cobre continxencias de invalidez ou deficiencia e que garante uns ingresos mínimos a aquelas persoas que non poden acceder a outro tipo de pensións.

- Complemento de 3ª persoa: Consiste na percepción, ademais da prestación non contributiva por invalidez, dun complemento do 50% no importe da pensión.
Complemento para titulares de prestación non contributiva (PNC) que residan nunha vivenda alugada: Consiste no establecemento dun complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de PNC por invalidez ou xubilación que carezan de vivenda en propiedade e teñan como residencia habitual unha vivenda alugada.

- Prestación familiar non contributiva por fillo a cargo: Asignación económica que se recoñece por cada fillo a cargo do beneficiario menor de 18 anos ou maior cunha minusvalidez igual ou superior ao 65%, calquera que sexa a natureza legal da súa filiación.

- Prestación económica de pagamento único por nacemento ou adopción de fillos: Nos casos de nacemento ou adopción de fillo/a en España nunha familia numerosa ou que, con tal motivo adquira a devandita condición, nunha familia monoparental ou nos suposto de madre que padezan unha minusvalidez igual ou superior ao 65% terase dereito a unha prestación que consistirá nun pagamento único de 1000 €.

- Prestación económica de pagamento único por parto ou adopción múltiples: Consiste nunha prestación de pagamento único que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce nas familias o nacemento ou a adopción de dous ou máis fillos por parto ou adopción múltiples.

- Axudas individuais non periódicas para persoas con minusvalidez: Son axudas individuais, de carácter non periódico, para persoas con minusvalidez empadroadas en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, co fin de colaborar en determinados gastos que ocasione a cobertura de necesidades derivadas da minusvalidez.

Subvencións para facilitar a autonomía persoal: Son subvencións individuais dirixidas ás persoas en situación de dependencia, de carácter non periódico e en réxime de concorrencia competitiva, co fin de colaborar en determinados gastos que xere a súa situación de dependencia.

Pódese consultar mais información sobre as subvención activas actualmente en http://benestar.xunta.es

- Renda activa de inserción (RAI): Establecer, dentro da acción protectora por desemprego, unha axuda específica dirixida aos desempregados con especiais necesidades económicas e dificultade para encontrar un emprego que adquiran o compromiso de realizar actuacións favorecedoras da súa inserción laboral.

- Renda de integración social de Galicia (RISGA): Prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quine careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendientes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.

- Prestacións sanitarias do SERGAS: Son varios tipos de prestacións entre os que se encontran a asistencia domiciliaria ou o reintegro de gastos de material ou renovación da prestación, entre outras.

- Aumento da contía na pensión de orfandade: A pensión de orfandade da Seguridade Social é unha prestación económica que consiste nunha pensión que se concede aos fillos da persoa falecida e os achegados polo seu cónxuxe, que reúnan os requisitos esixidos.

- Características específicas da pensión de viuvez: A percepción desta pensión extínguese no momento en que a persoa perceptora contraese novo matrimonio ou parella de feito. Poderase manter esta pensión se a persoa cumpre os requisitos de ter máis de 61 anos ou ter recoñecida unha pensión de incapacidade permanente absoluta ou de grande invalidez ou unha minusvalía maior ao 65%.

- Salario de liberdade (características específicas): Consiste en proporcionar apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, mediante prestacións económicas individuais e de carácter periódico, que lles garantan unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor e lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corran perigo. A contía da axuda é maior no caso de acreditar unha minusvalidez igual ou superior ao 33%.

- Características específicas para axuda de pagamento único para mulleres vítimas de violencia de xénero: Consiste nunha axuda económica de pagamento único dirixida ás vítimas de violencia de xénero para as que quede acreditada insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego. O importe da axuda é maior no caso de que a vítima e/ou os familiares ao seu cargo teñan un grao de minusvalía recoñecido.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric