Programas
Oficina de Asesoramento e Estudos en Materia de Accesibilidade Universal
Información a persas con discapacidade física ou movilidade reducida, entidades privadas e/ou públicas sobre accesibilidade, eliminación de barreiras arquitectónicas, axudas ou productos de apoio,...
Atención Persoal e Vida Autónoma
Este programa consiste na prestación dun servizo integral ás persoas gravemente minusválidas cun elevado nivel de dependencia, mediante o cal se pretende mellorar a súa calidade de vida, fomentar a súa autonomía persoal e evitar a súa institucionalización, tendo como base fundamental no desenvolvemento deste a participación do usuario na realización das tarefas e a súa implicación directa nos obxectivos.
Titorías
O programa lévase a cabo por un titor, Lesionado Medular veterano, e polo tutelado, Lesionado Medular recente. Este programa consiste en que o titor ensine habilidades, oriente, motive e apoie ao tutelado a partir da transmisión das experiencias do primeiro, no marco dunha serie de sesións entre ambos os dous. O obxectivo principal do programa é axilizar o proceso de incorporación á vida social normalizada do novo lesionado medular, a través da axuda, o contacto e a experiencia.
Autonomía Persoal
Este programa, levado a cabo por voluntarios, ten como obxectivo favorecer a autonomía persoal das persoas que pertencen ao noso colectivo. Nel, un grupo de voluntarios acompañan aos Lesionados Medulares que o soliciten, durante un determinado número de horas á semana, para que poidan realizar diversas actividades cotiás, como ir a facer a compra, ir ao banco, ir ao cine ou simplemente dar un paseo.