Apoyo saludable en red
Financiamento: Consellería de Política Social (Xunta de Galicia)
As subvencións destinadas á execución de programas de interese xeral con fins sociais, suxeitas á imputación tributaria do 0,7% do IRPF.
Denominación do programa: APOIO SAUDABLE EN REDE -ASPAYM GALICIA durante o exercicio 2023
Convocatoria: ORDEN de 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións para a realización de programas de interese xeral con fins sociais con cargo á dotación tributaria do 0. O 7 % do Imposto sobre a renda das persoas físicas.
Actuación: APOIO SAUDABLE EN REDE -ASPAYM GALICIA
Importe concedido: 14.600,27 €.
O obxectivo principal que se pretende acadar co programa proposto é aumentar a calidade de vida, acercando ferramentas de información e compartindo experiencias, acercando os profesionais a persoas con lesión medular e grandes discapacidades físicas de Galicia.
Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Mellorar a calidade de vida das persoas afectadas cunha lesión medular e/ou gran discapacidade e das súas familias.
- Promover hábitos de vida saudables.
- Ofrecer información actualizada de temas específicos e propios da lesión medular ou grande discapacidade.
- Favorecer a normalización e a integración das persoas con discapacidade no seu entorno.
- Acadar a independencia no seu propio entorno para evitar situacións de institucionalización.
- Fomentar as relacións co exterior, con fin de evitar no posible, as situacións de illamento.
- Empoderar ás persoas con lesión medular ou gran discapacidade física e ás súas familias, como parte prioritaria na adaptación á nova vida tras a discapacidade.
Co programa búscase unha abordaxe de caracter multidisciplinar, que implique ofrecer ferramentas e información de aspec- tos médicos, físicos, psicolóxicos, sociais, deportivos e de ocio... que transcenda dos enfoques tradicionais de carácter puramente asistenciais. Traballarase dende unha vertente multidisciplinar e integradora, enfocada a intervir no funcionamento do individuo como ser biopsicosocial, ofrecéndolle á persoas con grande discapacidade unha maior oportunidad de integrarse no contexto sociocultural e ambiental co máis alto ni- vel de independencia e autonomía posible.
Para iso se seleccionaron os temas a tratar máis demandados nestes útlimos anos, coa intencionalidade de preparar polo menos cinco sesións anuais, que acheguen ás persoas interesadas entre sí, e a profesionais de cada ámbito a tratar, que serán a escoller de entre os seguintes:
- Terapias neurolóxicas rehabilitadoras en domicilio. - Trastornos de ansiedade e depresión.
- Produtos ortoprotésicos e xeito de adquisición. - Vexiga neuróxena e sondaxes.
- Dor neuropático. - Sexualidade e lesión medular.
- Deporte adaptado. - Asistencia persoal e vida autónoma.
- Ocio adaptado e inclusivo. - Indemnizacións e dereitos tras accidentes de tráfico.
Ademáis de profesionais específicos, o persoal propio da entidade que desenvolverá tarefas para este programa serán:
- Traballador@ social: coordinará o equipo multidisciplinar, impartirá os módulos que abranquen o seu ámbito e seleccionará os profesionais de cada área a tratar.
- Psicólog@: impartirá os módulos que abranguen o seu ámbito e deseñará a línea de información xunto c@ traballador@ social.
- Administrativ@: encargarase da parte técnica, da audiovisual, da difusión e da canalización das persoas participantes.