Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Apoyo saludable en red ASPAYM Galicia

 

Financiamento: Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á execución de programas de interese xeral con fins sociais, suxeitas á imputación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades, xestionado pola indicada Consellería.


Denominación do programa: APOIO SAUDABLE EN REDE ASPAYM GALICIA durante o exercicio 2024.


Convocatoria: ORDEN do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións para a realización de programas de interese xeral con fins sociais con cargo á dotación tributaria do 0.7 % do Imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.


Actuación: APOIO SAUDABLE EN REDE ASPAYM GALICIA

Importe concedido: 13.325'13 €.

 

CONTIDO DO PROGRAMA:

Co programa Apoio Saudable en Rede ASPAYM Galicia búscase unha abordaxe de carácter multidisciplinar, que implique ofrecer ferramentas e información de aspectos médicos, físicos, psicolóxicos, sociais, deportivos, de ocio... que trascenda dos enfoques tradicionais de carácter puramente asistenciais. Traballarase dende unha vertente multidisciplinar e integradora, enfocada a intervir no funcionamento do individuo como ser biopsicosocial, ofrecéndolle ás persoas con grande discapacidade unha maior oportunidad de integrarse no contexto sociocultural e ambiental co máis alto nivel de independencia e autonomía posible.
Para iso seleccionáronse os temas a tratar máis demandados nestes útlimos anos, coa intencionalidade de preparar varias sesións durante o ano, que acheguen ás persoas interesadas entre sí e a profesionais de cada ámbito a tratar..


Ademáis de profesionais específicos, o persoal propio da entidade que desenvolverá tarefas para este programa serán:
- Traballador@ social: coordinará o equipo multidisciplinar, impartirá os módulos que abranquen o seu ámbito, deseñará a liña de información xunto c@ psicólg@ e seleccionará os profesionais de cada área a tratar.
- Psicólog@: impartirá os módulos que abranguen o seu ámbito e deseñará a línea de información xunto c@ traballador@ social.
- Administrativ@: encargarase da parte técnica, da audiovisual, da difusión e da canalización das persoas participantes.

 

OBXECTIVOS:

O obxectivo principal que se pretende acadar co programa proposto é aumentar a calidade de vida, acercando ferramentas de información e compartindo experiencias, acercando os profesionais a persoas con lesión medular e grandes discapacidades físicas de Galicia.


Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por unhalesión medular e/ou gran discapacidade e das súas familias.
- Promover hábitos de vida saudables.
- Ofrecer información actualizada de temas específicos e propios da lesión medular ou grande discapacidade.
- Favorecer a normalización e a integración das persoas con discapacidade no seu entorno.
- Acadar a independencia no seu propio entorno para evitar situacións de institucionalización.
- Fomentar as relacións co exterior, coa fin de evitar no posible, as situacións de illamento.
- Capacitar ás persoas con lesión medular ou gran discapacidade física e ás súas familias, como parte prioritaria na adaptación á nova vida tras a discapacidade.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric