Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Atención Personal y Vida Autónoma

Financiamento: Consellería de Política Social (Xunta de Galicia)
Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
Denominación do programa: Programa de Atención Persoal e Vida Autónoma de Galicia (APVA Galicia) de ASPAYM Galicia durante o exercicio 2.023
m Convocatoria: ORDEN de 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda de persoas físicas.
Actuación: Programa de Atención Persoal e Vida Autónoma - APVA ASPAYM GALICIA 2023
Contía concedida: 16.669,61€.

 


CONTIDO DO PROGRAMA:

Exponse dar continuidade e ampliar o Servizo de Atención Persoal e Vida Autónoma en Galicia (APVA Galicia).

O Programa de Promoción da Autonomía Persoal: Atención Persoal e Vida Autónoma consiste na prestación dun servizo integral a persoas gravemente afectadas pola súa discapacidade, cun elevado nivel de dependencia, mediante o cal se pretende mellorar a súa calidade de vida, fomentar a súa autonomía persoal e evitar a súa institucionalización, tendo como base fundamental no desenvolvemento do mesmo a participación do usuario na realización das tarefas e a súa implicación directa nos obxectivos.

Proponse incrementar o nivel de autonomía dos usuarios a través de determinados principios que algúns expertos denominan obxectivos de tipo educativo, introducindo pequenos cambios no ambiente e na conduta da persoa, que lles axuden a ser máis independentes na súa vida cotiá, permanecendo no entorno habitual. Para a súa consecución é preciso ensinar aos usuarios a que sexan capaces de coidarse a si mesmos e ás persoas que deles dependen, de adquirir, prepararse e consumir unha alimentación axeitada, de realizar tarefas domésticas, de manter unhas relacións satisfactorias co entorno, dado que son persoas que non teñen capacidade de moverse por si sos pero que si a teñen para dirixir a súa vida, logrando acadar o maior nivel de autonomía da persoa. As distintas áreas de intervención do programa son as seguintes:

- Atención Persoal, potenciando que o usuario poida adoptar hábitos independentes para realizar as Actividades Básicas da Vida Diaria (hixiene persoal, vestido, aseo, compra, tarefas domésticas...). Para iso, o asistente persoal/coidador, atenderá as necesidades que non pode ou lle son moi difícil de realizar á persoa afectada. Esta faceta é asumida directamente polos asistentes persoais, os cales contarán co material axeitado para o desempeño as súas funcións (batas, guantes...).
- Autonomía Persoal, onde se traballan aquelas potencialidades do individuo que lle propicien acadar un maior nivel de autonomía, non xa só persoal senón tamén social, co apoio do asistente persoal. Neste apartado se toma especial relevancia potenciar a participación da familia e/ou persoas que conviven co usuario, xa que son un elemento fundamental de inclusión social e de permanencia no entorno no que desenvolven a súa vida.
Todo iso está supervisado e dirixido por un equipo técnico de profesionais da entidade executante do programa formado por: Asistentes Persoais/coidadores, Auxiliar Administrativo/a, Traballador/a Social, Psicólogo/a, que se encargan de atender e dispensar a atención necesaria ao usuario.


OBXECTIVOS:

O obxectivo principal que se pretende acadar co programa é: A promoción da atención persoal e a Vida autónoma.
Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Mellorar a calidade de vida e promover a autonomía persoal das persoas afectadas cunha lesión medular e/ou gran discapacidade e a das súas familias.
- Facilitar a realización das actividades básicas da vida diaria.
- Favorecer a normalización e integración das persoas con discapacidade no seu entorno.
- Fomentar as relacións co exterior, coa fin de evitar no posible, as situacións de illamento.
- Promover a plena integración social, persoal e laboral das persoas afectadas por unha lesión medular ou gran discapacidade a través da súa atención e promoción persoal.
 

Realizar solicitude

Si é usuario rexistrado

Solicite aquí a participación no Programa de Atención Persoal e Vida Autónoma.

Si todavía non está rexistrado

Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric