Atención Personal y Vida Autónoma - APVA ASPAYM Galicia 2024
Financiamento: Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades, xestionado pola devandita Consellería.
Denominación do programa: Atención Persoal e Vida Autónoma - APVA ASPAYM GALICIA durante o exercicio 2.024.
Convocatoria: ORDE do 30 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e convócase o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda de persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Actuación: Programa de Atención Persoal e Vida Autónoma - APVA ASPAYM Galicia 2024
Contía concedida: 14.492'30 €.
CONTIDO DO PROGRAMA:
Con este programa búscase unha abordaxe multidisciplinar, que implique a atención de aspectos físicos, psicolóxicos e sociais que transcendan dos enfoques tradicionais de carácter puramente asistenciais e terapéuticos. Traballarase dende unha vertente multidicisplinar e máis integradora, enfocada a intervir no funcionamento do individuo como ser biopsicosocial, ofrecéndolle á persoa con grande discapacidade e nivel de dependencia unha maior oportunidade de integrarse no contexto sociocultural e ambiental co máis alto nivel de independencia e autonomía posible.
Traballarase dende a área social, a través dun@ traballador@ social e de coidador@s/auxiliares para que a persoa usuaria poida adoptar hábitos independentes para realizar as actividades básicas da vida diaria (hixiene persoal, vestido, aseo, compra, tarefas domésticas...) para disfutar do seu propio lecer, para facilitarlle a independencia á hora de acceder ao mundo laboral, académico, para manter relacións satisfactorias coa contorna, facéndolles sentir a realidade de que teñen capacidade de dirixir a súa propia vida. Deste xeito búscase manter ás persoas usuarias integradas na súa contorna habitual e que sexan membros activos da súa comunidade, favorecendo a súa permanencia na contorna evitando a institucionalización.
Dende a área psicosanitaria un@ psicólog@ e un@ fisioterapeuta centraranse na atención integral de rehabilitación neurolóxica, contemplando tanto a parte psicolóxica como a física. Desenvolveranse tarefas encamiñadas ao mantemento e prevención da deterioración e poñerán ao dispor da persoa usuaria un equipo que colabore unido a nivel cognitivo, físico, familiar, laboral e social.
Dende a área comunitaria tanto psicólog@ como traballador@ social potenciarán a participación da familia e/ou persoas que conviven coa persoa usuaria, xa que son un elemento fundamental de inclusión e de permanencia na contorna no que desenvolven a súa vida; mediarán, informarán, orientarán e levarán a cabo sesións grupais individuo/familia para a toma de conciencia da importancia da súa figura na integración na contorna.
OBXECTIVOS:
O obxectivo principal que se pretende alcanzar co programa proposto é promover a atención persoal e a vida autónoma das persoas con lesión medular e grandes discapacidades físicas de Galicia.
Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por unha lesión medular e/ou gran discapacidade e A das súas familias.
- Facilitar a realización das actividades básicas da vida diaria.
- Favorecer a normalización e a integración das persoas con discapacidade na súa contorna.
- Alcanzar a independencia na súa propia contorna para evitar situacións de institucionalización.
- Fomentar as relacións co exterior, co fin de evitar no posible as situacións de illamento.
- Promover a plena integración social, persoal, académica e laboral das persoas afectadas por unha lesión medular ou grande discapacidade a través da súa atención e promoción persoal.
- Empoderar ás persoas con lesión medular ou grande discapacidade física e ás súas familias, como parte prioritaria da adaptación á nova vida tras a discapacidade.
Si é usuario rexistrado
Solicite aquí a participación no Programa de Atención Persoal e Vida Autónoma.
Si todavía non está rexistrado
Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.