Convenio con la Consellería de Política Social e Igualdad
Convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de persoas con lesión medular e grande discapacidade en Galicia e ás súas familias e o mantemento da entidade, para o exercicio 2024.
Entidade financiadora: Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia).
Tipo: Convenio.
Período de vigor: 1 de xaneiro de 2024 – 31 de decembro de 2024.
Orzamento: 55.142 €.
Data da sinatura: 28 de maio de 2024.
a) Servizo de Información, Orientación e Asesoramento. O seu principal obxectivo é asesorar a todas aquelas persoas con lesión medular ou con grandes discapacidades físicas que soliciten información sobre cuestións plantexadas pola súa discapacidade, así como aos seus familiares e achegados.
b) Servizo de Transporte Adaptado de ASPAYM Galicia. Está destinado a asistir a todas aquelas persoas que, pola súa condición de persoa con lesión medular ou cunha grande discapacidade, que teña recoñecida unha mobilidade reducida, precisen dun transporte adaptado para desprazarse e, particularmente, sempre e cando non estean cubertos por outras vías. O servizo estará xestionado e será prestado directamente dende a entidade.
c) Servizo de Apoio Psicosocial ao Novo Lesionado Medular. Desenvólvese durante dúas fases ou etapas de grande importancia para a persoa con lesión medular e as súas familias e/ou achegados: o período hospitalario (a través de entrevistas concertadas) e o período post-hospitalario (ao seu regreso ao domicilio).
d) Servizo de Rehabilitación Integral. Servizo continuo de rehabilitación neurolóxica e mantemento funcional, en especial para atención ao colectivo de lesionados medulares, totalmente personalizado, e de integración a outro tipo de discapacidades, con prioridade ás físicas.
e) Mantemento da entidade.