Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Convenio con la Consellería de Política Social e Igualdad de la Xunta de Galicia


Denominación: Convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade para o financiamiento do programa de atención dirixido ao colectivo de persoas con lesión medular e gran discapacidade en Galicia e as súas familias e o mantemento da entidade, para o exercicio 2024.


Tipo: Convenio.


Período de vigor: Desde o 1 de xaneiro de 2024 ao 31 de decembro de 2024.


Contía: 55.142'00 €


Data da sinatura: 28 de maio de 2024


CONTIDO DO CONVENIO:

a) Servizo de información, orientación e asesoramento: O seu principal obxectivo é asesorar a todas aquelas persoas con lesión medular  ou con grandes discapacidades que soliciten información sobre cuestións relacionadas coa súa discapacidade, así como aos seus  familiares e persoas achegadas.

b) Servizo de transporte adaptado, destinado a asistir a todas aquelas persoas que, pola súa  condición de persoa con lesión medular ou cunha gran discapacidade, que teña recoñecida unha mobilidade reducida, precisen dun transporte adaptado para desprazarse e, particularmente, a condición de que non estean cubertos por outras vías. O servizo estará xestionado e será prestado directamente desde a entidade.


c) Servizo de apoio psicosocial ao Novo Lesionado Medular. Desenvolverase en dúas fases ou etapas importantes para a persoa con lesión medular e para as súas familias e/ou persoas achegadas: o período hospitalario (a través de entrevistas concertadas) e o  período post-hospitalario (ao seu regreso ao domicilio).


d) Servizo de rehabilitación integral. Servizo continuo de rehabilitación neurolóxica  e mantemento funcional, en especial para atención ao colectivo de lesionados medulares, totalmente personalizado, e de integración a outro tipo de discapacidades, con prioridade nas físicas.


e) Mantemento da entidade.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric