Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Más Capaces Día a Día ASPAYM Galicia


Financiamento: Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades, xestionado pola devandita Consellería.

Denominación do programa: Máis Capaces Día a día ASPAYM GALICIA durante o exercicio 2.024.

Convocatoria: ORDE do 30 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e convócase o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda de persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Actuación: Programa Máis Capaces Día a Día ASPAYM Galicia.

Contía concedida: 12.157'96 €.



CONTIDO DO PROGRAMA:

A través deste programa pretendemos que as persoas con lesión medular alcancen o máximo nivel de funcionalidade posible a través de dúas vías de intervención, que serán desenvolvidas por un fisioterapeuta, que son:
- Compoñentes intrínsecos, aqueles que se viron afectados directamente pola lesión como son, os compoñentes motores e sensitivos, ademais   do resto de áreas afectadas directamente pola lesión.
- Compoñentes extrínsecos, son medios que compensan e converten as actividades e a contorna en accesibles para a persoa. Neste grupo englobamos á información sobre produtos do apoio e as medidas de accesibilidade e de modificación da contorna.

A perfecta combinación entre ambos é clave para unha maior autonomía en todas as áreas de desenvolvemento das persoas con Lesión Medular.

Previo á intervención descrita será precisa unha valoración personalizada, dedicando tempo á exploración física obxectiva, á observación e sobre todo escoita activa da persoa. Esta danos as claves para a mellor intervención, hai que dedicar tempo a escóitaa facendo unha entrevista onde se teñan en conta todos os aspectos citados anteriormente e se valoren detalladamente.
Con todo isto será preciso fixar uns obxectivos realistas. É difícil conseguir metas e roles que non se desenvolvía previamente á lesión, ou obxectivos que no están de acordo cos da persoa usuaria. Coñecer a actividade previa da persoa, os seus roles e prioridades, é moi importante para marcar unha liña real de traballo.

Ademais será preciso contar cun administrativ@ que se encargue da parte técnica, da difusión, da canalización e de todo tipo de xestións e organización.


OBXECTIVOS:

O obxectivo principal que se pretende alcanzar co programa proposto é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade alcanzando un benestar biopsicosocial da persoa, a través dunha abordaxe multidisciplinar, desde o punto de vista da neurorrehabilitación.


Os obxectivos específicos son:

- Mellorar a calidade de vida das persoas con lesión medular ou gran discapacidade física tentando que chegue á súa máxima autonomía e  independencia persoal.

- Desenvolver e aumentar as posibilidades motoras e sensitivas e involucralas dentro da función sensorio motora necesaria para desempeñar  ocupacións.

- Favorecer a normalización e a integración das persoas con discapacidade na súa contorna.

- Diminuír a carga familiar e social ao devolver o control na medida das súas posibilidades.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric