Mejora y Adecuación de Materiales y Equipos de Rehabilitación Neurológica 2023-2024
Financiamento: Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades, xestionado pola devandita Consellería.
Denominación do programa: MELLORA E ADECUACIÓN DE MATERIAIS E EQUIPOS DE REHABILITACIÓN NEUROLÓXICA, durante o exercicio 2.024.
Convocatoria: ORDE do 30 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e convócase o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda de persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Actuación: Programa de Mellora e Adecuación de Materiais e Equipos de Rehabilitación Neurolóxica 2023-2024.
Contía concedida: 7.272'63 €.
CONTIDO DO PROGRAMA:
ASPAYM Galicia pretende dar cobertura á necesidade de dotar de equipamento para que @s profesionais que desenvolven as súas tarefas na entidade poidan facelo de forma correcta para as persoas usuarias dos seus programas e ao mesmo tempo con seguridade.
A importancia da verticalidade, da posta en pé a través de medios externos, nas persoas con lesion medular ou outras discapacidades é moi elevada, así como un mínimo de deambulación para aquelas persoas que teñen a posibilidade física e neurolóxica de facelo. Por iso pretendemos desde ASPAYM Galicia a ampliación do raíl para o guindastre de teito.
Así mesmo resulta esencial a adquisicion dunha polea de exercicios, e os seus accesorios, para traballar de forma dinámia na rehabilitación a forza funcional.
Conseguir material de terapia como o que se pretende resulta de gran utilidade.