Oficina de Asesoramento e Estudos en Materia de Accesiblidade Universal
Asesoramento a persoas con lesión medular ou mobilidade reducida sobre eliminación de barreiras arquitectónicas, información sobre axudas e estudos de accesibilidade.
ASPAYM GALICIA, ten grande experiencia neste campo, avalada polo equipo técnico de PREDIF (Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos á que pertence a través da Federación Nacional Aspaym)
Co fin de ter unha comunicación máis directa e próxima co cidadán, Aspaym Galicia creou unha oficina de asesoramento en accesibilidade, grazas á subvencion da Deputación da Coruña a través da convocatoria FOAXE-P/D/2013 DE SUBVENCIONS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS, MAIORES E DIVERSIDADE FUNCIONAL PARA O PRESENTE ANO 2012. Prestando así, asesoramento a persoas con lesión medular ou mobilidade reducida, sobre a eliminación de barreiras arquitectónicas, fomento da accesibilidade e información sobre axudas ou produtos de apoio, co fin de desenvolver a súa autonomía persoal e/ou facilitar a súa volta á casa tras a lesión.
Ademais realiza estudos de accesibilidade a petición de diversas entidades ou cidadáns particulares que o soliciten, con información sobre condicións de accesibilidade de determinados espazos públicos ou privados.
As persoas beneficiarias destes estudos serán persoas con discapacidade, as súas familias, e administracións públicas que pretendan ofrecer aos cidadáns unhas mellores condicións de accesibilidade nas súas instalacións, así como aqueles empresarios que desexen mellorar as condicións de accesibilidade dos seus locais ou establecementos turísticos co obxecto de ofrecer un mellor servizo e conseguir un maior número de clientes.
Para calquera consulta relacionada con accesbilidade, póñase en contacto cos nosos técnicos:
C/ Curtis nº10, baixo
15009, A Coruña
Tlf: 881 87 35 07
info@aspaymgalicia.org