Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Programa de promoción del envejecimiento activo de las personas con lesion medular o grandes discapacidades físicas

Financiamento: Consellería de Política Social (Xunta de Galicia)

As subvencións destinadas á execución de programas de interese xeral con fins sociais, suxeitas á imputación tributaria do 0,7% do IRPF.
Denominación do programa: Programa de promoción do envellecemento activo das persoas con lesión medular ou grandes discapacidades físicas durante o ano 2023
Convocatoria:ORDEN de 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións para a realización de programas de interese xeral con fins sociais con cargo á dotación tributaria do 0. O 7 % do Imposto sobre a renda das persoas físicas.
Acción: Programa de fomento do envellecemento activo das persoas con lesión medular ou con discapacidade física grave.

Importe concedido: 14.600,27 €.

 

A través de este programa ofrecemos actividades específicas de mantemento e desenvolvemento tanto físico como cognitivo que manteñan e melloren as capacidades das persoas con lesión medular ou grande discapacidade física de máis de 58 anos de idade.Traballarase cun enfoque integral e preventivo, atendendo á persoa tendo en conta as áreas que inflúen na súa vida cotiá, abordando o envellecemento activo dende unha perspectiva multidimensional, actuando con carácter preventivo na esfera física, psíquica e social, centrado na persoa e considerando a súa liberdade de decisión.

Dende a Área Social será un@ traballador@ social o que traballe coa fin de que @s beneficiari@s do programa man- teñan relacións satisfactorias co entorno, facéndolles sentir a realidade de que teñen capacidade de dirixir a súa propia vida, buscando man- ter ás persoas usuarias integradas no seu entorno habitual e que sexan membros activos da súa comunidade, facendo especial fincapé na de- tección precoz e prevención dos problemas sociais do maior, evitando o risco de caer en exclusión social. Do mesmo xeito encargarase de pro- porcionar información e asesoramento que esta área requira por parte das persoas usuarias e ás súas familias.

A Área Psicolóxica estará in- tegrada por un psicólog@, que levará a cabo obradoiros e sesións educativas acerca do autocoidado e a imaxe persoal así como de reforzo da autoimaxe para promover maior independencia, e un@ fisioterapeuta, que desenvolverá sesións terapéuticas dirixidas ás persoas con lesión medular ou grande discapacidade física de máis de 58 anos de idade coa fin de acadar un nivel óptimo de movemento para mellorar a súa ca- pacidade física, evitar a perda da función e polo tanto mellorar o estado xeral de saúde e a sensación de benestar. Avaliarán e porán en prác- tica un plan individualizado de desenvolvemento en coordinación coa área social. Ademais de desenvolver tarefas encamiñadas ao mantemen- to e prevención do deterioro, porán a disposición d@ usuari@ un equipo que colabore unido a nivel cognitivo, físico, familiar, laboral e social.

E dende a Área Comunitaria, tomará especial relevancia potenciar a participación da familia e/ou persoas que conviven coa persoa usuaria, xa que son un elemento fundamental de inclusión social e de permanencia no entorno no que desenvolven a súa vida. Tanto @ psicólog@ como @ traballador@ social mediarán, informarán, orientarán e farán sesións grupais individuo/familia para a toma de conciencia da importancia da súa figura na integración no entorno e no contexto social. Nos casos nos que o desprazamento das persoas usuarias non sexa posible ou benefi- cioso, levarase a cabo a intervención a domicilio se a pandemia o permite ou senón a través de videoconferencia ou videochamada.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric