Promoción del envejecimiento activo de las personas con lesion medular o grandes discapacidades físicas ASPAYM Galicia
Financiamento: Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades, xestionado pola devandita Consellería.
Denominación do programa: ENVELLECEMENTO ACTIVO DAS PERSOAS CON LESIÓN MEDULAR OU GRANDES DISCAPACIDADES FÍSICAS ASPAYM GALICIA durante o exercicio 2.024.
Convocatoria: ORDE do 30 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e convócase o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda de persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Actuación: ENVELLECEMENTO ACTIVO DAS PERSOAS CON LESIÓN MEDULAR E GRANDES DISCAPACIDADES FÍSICAS ASPAYM GALICIA
Contía concedida: 13.325'13 €.
CONTIDO DO PROGRAMA:
A través deste programa ofrecemos actividades específicas de mantemento e desenvolvemento tanto físico como cognitivo que manteñan e melloren as capacidades das persoas con lesión medular ou grande discapacidade física de máis de 58 anos de idade. Traballarase cun enfoque integral e preventivo, atendendo á persoa tendo en conta as áreas que inflúen na súa vida cotiá, abordando o envellecemento activo desde unha perspectiva multidimensional, actuando con carácter preventivo na esfera física, psíquica e social, centrado na persoa e considerando a súa liberdade de decisión.
Dende a área Social será un@ traballador@ social o que traballe co fin de que @s beneficiari@s do programa teñan relacións satisfactorias coa contorna, facéndolles sentir a realidade de que teñen capacidade de dirixir a súa propia vida, buscando manter ás persoas usuarias integradas na súa contorna habitual e que sexan membros activos da súa comunidade, facendo especial fincapé na detección precoz e prevención dos problemas sociais do maior, evitando o risco de caer en exclusión social. Do mesmo xeito encargarase de proporcionar información e asesoramento que esta área requira por parte das persoas usuarias e ás súas familias.
A área Psicosanitaria estará integrada por un@ psicólog@, que levará a cabo talleres e sesións educativas acerca do autocoidado e a imaxe persoal así como de reforzo da autoimaxe ou doutras habilidades para promover maior independencia, e un@ fisioterapeuta, que desenvolverá sesións terapéuticas dirixidas ás persoas con lesión medular ou gran discapacidade física de máis de 58 anos de idade co fin de alcanzar un nivel óptimo de movemento para mellorar a súa capacidade física, evitar a perda da función e por tanto mellorar o estado xeral de saúde e a sensación de benestar. Avaliarán e poñerán en práctica un plan individualizado de desenvolvemento en coordinación coa área social. Ademais de desenvolver tarefas encamiñadas ao mantemento e prevención da deterioración, poñerán ao dispor do/a usuari@ un equipo que colabore unido a nivel cognitivo, físico, familiar, laboral e social.
E dende a área Comunitaria, tomará especial relevancia potenciar a participación da familia e/ou persoas que conviven coa persoa usuaria, xa que son un elemento fundamental de inclusión social e de permanencia na contorna no que desenvolven a súa vida.Tanto psicólog@ como traballador@ social mediarán, informarán, orientarán e farán sesións grupais individuo/familia para a toma de conciencia da importancia da súa figura na integración na contorna e no contexto social.
Nos casos nos que o desprazamento das persoas usua ri non sexa posible ou beneficioso, levará a cabo a intervención a domicilio lla pandemia o permite ou senón a través de videoconferencia ou videochamada.
OBXECTIVOS:
O obxectivo principal que se pretende alcanzar co programa proposto ess mellorar a calidade de vida das persoas maiores con discapacidade, entendendo por esta a percepción que ten a persoa da súa posición na vida de acordo ao seu sistema de valores, crenzas e expectativas, incluído a súa saúde, o seu nivel de autonomía, o seu estado psicolóxico, as súas relacións sociais e a súa participación activa.
Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Potenciar entre as persoas beneficiarias do programa os hábitos e estilos de vida saudables que permitan optimizar as súas capacidades na esfera física e psicolóxica.
- Impulsar a participación das persoas maiores con gran discapacidade física beneficiarias do programa en actuación preventivas a de promoción da saúde.
- Fomentar a integración social das persoas beneficiarias deste programa, propiciando as súas relacións entre iguais así como con outros grupos e aumentado a súa rede de apoio.