Tutorías
Debido ás necesidades que presenta todo lesionado medular, e que a lesión produce un cambio psicolóxico e social moi importante tanto no individuo que a padece como nos seus familiares, é necesario orientar e axudar ao novo lesionado medular ao incorporarse de forma máis rápida e fácil á súa nova vida, unha vez que abandona a Unidad de Lesionado Medulares.
O programa lévase a cabo por un tutor, lesionado medular veterano, e polo tutelado, lesionado medular recente. Este programa consiste en que o tutor ensine habilidades, oriente, motive e apoie ao tutelado a partir da transmisión das experiencias do primeiro, no marco dunha serie de sesións entre ambos.
O obxectivo principal do programa é axilizar o proceso de incorporación a vida social normalizada do novo lesionado medular, a través da axuda, o contacto e a experiencia. Débese facilitar que o tutor e o tutelado pauten a súas propias actividades, pero cun especial coidado de que non se cree dependecia entre ambos. Algun dos temas tratados nestes encontros son o entrenamento para a realización de actividades da vida diaria, o manexo da cadeira de rodas e o desenvolvemento de habilidades para moverse no entorno social.
Como beneficiarios do programa, tamén figuran os lesionados medulares máis antigos que aínda non adquiriron todas as habilidades necesarias para normalizar a súa situación.
Programa subvencionado pola Xunta de Galicia - Consellería de Traballo e Benestar
Si é usuario rexistrado
Solicite aquí a participación no Programa de Titorías de Aspaym-Galicia.
Si todavía non está rexistrado
Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.