Servizos
Servizo de Psicoloxía Xeral Sanitaria
ASPAYM GALICIA ofrece nas mesmas instalacións, en A Coruña, servizo de fisioterapia e psicoloxía. O acceso a estos servizos será para tódolos públicos aínda que terán preferencia os socios da entidade. A mencionada preferenza será tanto no acceso aos servizos como a obtención dun importante desconto nas tarifas.
Servizo de Fisioterapia Neurolóxica
ASPAYM- GALICIA comeza unha nova etapa e ofrece aos seus socios un servizo de Fisioterapia especializada en Lesión Medular e grande discapacidade física. Nas nosas instalacións da calle Curtis, moi preto da Unidade de Lesionados Medulares en A Coruña, conta co persoal e a maquinaria máis avanzada para o correcto tratamento na rehabilitación e mantemento dos nosos socios.
Información, Orientación e Asesoramento
O servizo de Información, Orientación e Asesoramento lévase a cabo dende o Departamento de Traballo Social de Aspaym-Galicia. A súa función é asesorar todos aqueles socios e familiares que soliciten información sobre cuestións formuladas pola súa discapaciade, mediante consultas telefónicas, por correo electrónico, correo postal ou directamente na oficina.
Asesoramento Xurídico
Este servizo ofrécese, de forma gratuíta, a todos os socios que o soliciten. O asesoramento é prestado polos Servizos Xurídicos da Federación Aspaym, logo de estudo valorativo e, normalmente, realízase por vía telefónica. Nel, aténdese a aquelas persoas con minusvalidez que requiran información legal sobre toda a problemática derivada dos accidentes de tráfico ou laborais (reclamacións, indemnizacións, exercicio de acción penal, etc.), así como noutro tipo de temas (matrimoniais, arrendamentos urbanos, solicitude de pensións, etc.).
Transporte Adaptado
Tras analizar a situación da oferta do Sistema de Transporte Público para facilitar a mobilidade das persoas con minusvalidez, e de constatar a escaseza de medios e a abundancia de barreiras para o acceso aos existentes, xorde en Galicia no ano 2006 o Servizo de Transporte Adaptado de Aspaym-Galicia, destinado a asistir a aqueles socios que, pola súa condición de Lesionados Medulares, precisen dun transporte adaptado.