Servizo de Fisioterapia Neurolóxica
Un fisioterapeuta adaptado a ti
O colectivo de lesionados medulares caracterízase, entre outras necesidades, pola relavancia que ten o tratamento en fisioterapia e rehabilitación o longo de tua a súa vida. Xunto a esa necesidade específica e urxente, encontrase o problema de localizar un centro especializado en persoas con estas características e que este centro sexa de calidade, con persoal formado nas últimas novidades de tratamento e a maquinaria e o espazo necesario para levalas a cabo.
En ASPAYM- GALICIA somos conscientes desta necesidade e en 2018 habilitamos a maior parte das nosas instalacións para ofrecer este servizo aos nosos socios e socias. Esta unidade asistencial non sería posible sen a financiación e colaboración de:
- Ministerio de Sanidad, Asuntos Sociales e Igualdad
- Deputación de A Coruña
- Fundación ONCE
- Oficina Nº2427 de LA CAIXA
¿Cómo acceder ao noso servizo de fisioterapia?
O acceso é para tódolos públicos, sen embargo, terán prioridade os socios de ASPAYM-GALICIA usuarios en cadeira de rodas e, a continuación, aqueles socios con outro tipo de discapacidade e/ou movilidade reducida. Asimesmo, as tarifas aplicadas serán distintas, tendo os socios acceso a un notable desconto mentres que ao púbrico alleo á entidade aplicarase unha cuantía propia dunha unidade privada de fisioterapia.
Para acceder á información completa de horarios, precios e servizos non dubide en contactar co noso centro:
TLF: 881 87 35 07
MAIL: info@aspaymgalicia.org
Pódese consultar a nosa política de socios, as formas de inscripción e a cuota facendo CLICK AQUÍ.