Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Transporte Adaptado

A libre circulación das persoas é un dereito fundamental para todo cidadán, á vez que un elemento crave para o seu desenvolvemento, tanto persoal como profesional.

Tras analizar a situación da oferta do Sistema de Transporte Púbrico para facilita a movilidade das persoas con discapacidade, e de constatar a escasez de medios e a abundancia de barreiras para o acceso aos existentes, xorde en Galicia no ano 2006 o Servicio de Transporte Adaptado de Aspaym-Galicia, destinado a asistir a aqueles socios que, por a súa condición de Lesionados Medulares, precisen de un transporte adaptado. Grazas ao convenio asinado entre Aspaym-Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, este servizo é gratuito para todos aqueles estudiantes universitarios que precisen de un transporte adaptado para poder acudir aos seus respectivos centros de estudo.

Actualmente, a asociación conta con dous vehículos adaptados que tamén utilízanse para facilitar a asistencia de os socios con movilidade reducida aos diferentes programas da asociación (cursos, conferencias,...). Desafortunadamente, o número de traslados que poden atender os vehículos nun mesmo día é limitado. Por este motivo, será o Departamento de Traballo Social de Aspaym-Galicia o que valore a adxudicación ou desestimación do servizo, en base á situación persoal de cada solicitante.

NOTA IMPORTANTE: Todos os socios de Aspaym Galicia contarán con servizo gratuíto de transporte adaptado dende calquera punto da cidade da Coruña ata a Unidade de Lesionados Medulares, tamén na mesma cidade. Se es soci@ e vives na Coruña e necesitas acudir á túa cita na Unidade de Lesionados Medulares recollémoste no teu domicilio. Se vives fóra da Coruña e non queres ter que planear a túa viaxe en coche nin ter problemas de aparcadoiro, así como aforrarche os gastos de gasolina, peaxe, etc, ofrecémoste os traslados á unidade dende calquera estación (tren, autobuses...). Os únicos requisitos para recibir gratuitamente o servizo é ser soci@ (por só 30€ ó ANO) e realizar a reserva con dous días de antelación.

 

Para mais información, contacta coa nosa oficina ao teléfono 881 87 35 07 ou ben ao noso correo electrónico info@aspaymgalicia.org

Realizar solicitude

Si é usuario rexistrado

Solicite aquí noso Servizo de Transporte Adaptado

Si todavía non está rexistrado

Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric